Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 11

Chove!

Ramón D. Veiga

Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova...

Violeta ás agachadas

Ramón D. Veiga

A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña...

Miñoca e ourizo

Ramón D. Veiga

Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo? Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara...

Zoom

Ramón D. Veiga

Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan...

Miñoca e pega

Ramón D. Veiga

Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que demostra, unha vez máis, que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición...

Miñoca e Coello

Ramón D. Veiga

Miñoca atópase con coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas...

Non pare a festa

Ramón D. Veiga

Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa...

Meigas fóra!

Ramón D. Veiga

Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios...

Autor/a da semana

A araña que lles tiña medo ás arañas

Ramón D. Veiga

Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que... Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos...

É tempo de Entroido!

Ramón D. Veiga

É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!

Violeta quere ser vampiro

Ramón D. Veiga

Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar»...